As Letras Galegas
Conmemórase a 60 edición do Día das Letras Galegas. O autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego. Investigamos a súa vida e fixemos un traballo. Realizamos un programa de radio sobre o autor. Elaboramos un guion que fose un pouco distinto, como unha viaxe no tempo. Para iso remontámonos aos anos 20. Creamos un escenario: o autobús que levaría a Don Paco e a outros mozos ás probas do bacharelato elemental en Lugo. Como os camiños non son como os da agora, fixemos que durante ese longo traxecto, fosen aparecendo ideas e propostas de actividades que durante a súa vida chegaría a desenvolver: como a creación da editorial Galaxia ou a idea de celebrar o Día das Letras Galegas. Queriamos reflexar a personalidade e compromiso de Francisco coa cultura e lingua galega. Tamén queriamos que aparecesen no podcast persoas importantes na súa vida, coma o seu amigo Álvaro Cunqueiro ou a mención especial á súa avoa Dominica. Procuramos, ademais, representar o seu liderado xa
Bo traballo , noraboa
ResponderEliminarPrecioso. Gracias
ResponderEliminarEs precioso
ResponderEliminar