O curso chegou á súa fin e tamén un ciclo. Dous cursos nos que vivimos moitos momentos: Visitamos a Casa de Rosalía, o Aquarium, Fisterra e coñecemos moitas curiosidades do mar. Se ata nos convertemos en chipiróns! Investigamos a vida de persoeiros como Fernández del Riego, Concepción Arenal ou Ángeles Vilariño. Fixemos un libro de contos ,un xornal con noticias da contorna e participamos en distintos concursos. Recitamos en público, expuxemos en grupo traballos como o da nosa admirada Rosalía, fomos á radio e creamos un pequeno club de lectura onde coñecemos as aventuras do Nicolasiño. Días nos que rimos, tamén nos que caeu algunha lagrimiña, nos que xogamos, nos equivocamos e, en definitiva, convivimos e aprendemos. GRACIAS , por querer participar sempre en todo canto vos propuxen, por querer superarvos e seguir aprendendo. Cada un de vós ensinoume a ser un pouco máis mestra. Lévovos a todos no meu corazón Moita sorte, chichís!
Es genial
ResponderEliminarSandra gracias
ResponderEliminar