Entradas

Fin

Imagen
  O curso chegou á súa fin e tamén un ciclo. Dous cursos nos que vivimos moitos momentos:   Visitamos a Casa de Rosalía, o Aquarium, Fisterra e coñecemos moitas curiosidades do mar. Se ata nos convertemos en chipiróns!   Investigamos a vida de persoeiros como Fernández del Riego, Concepción Arenal ou Ángeles Vilariño.    Fixemos un libro de contos ,un xornal con noticias da contorna e participamos en distintos concursos.    Recitamos en público, expuxemos en grupo traballos como o da nosa admirada Rosalía, fomos á radio e creamos un pequeno club de lectura onde coñecemos as aventuras do Nicolasiño.    Días nos que rimos, tamén nos que caeu algunha lagrimiña, nos que xogamos, nos equivocamos e, en definitiva, convivimos e aprendemos.    GRACIAS , por querer participar sempre en todo canto vos propuxen, por querer superarvos e seguir aprendendo. Cada un de vós ensinoume a ser un pouco máis mestra. Lévovos a todos no meu corazón Moita sorte, chichís!

Club de lectura

Imagen
Un resumo das nosas tardes do club de lectura.  E estes son os últimos traballiños que elaboramos en Plástica: As bolboretas xeométricas.

As Letras Galegas

Imagen
    Conmemórase a 60 edición do Día das Letras Galegas. O autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego. Investigamos a súa vida e fixemos un traballo. Realizamos un programa de radio sobre o autor.  Elaboramos un guion que fose un pouco distinto, como unha viaxe no tempo. Para iso remontámonos aos anos 20. Creamos un escenario: o autobús que levaría a Don Paco e a outros mozos ás probas do bacharelato elemental en Lugo. Como os camiños non son como os da agora, fixemos que durante ese longo traxecto, fosen aparecendo ideas e propostas de actividades que durante a súa vida chegaría a desenvolver: como a creación da editorial Galaxia ou a idea de celebrar o Día das Letras Galegas. Queriamos reflexar a personalidade e compromiso de Francisco coa cultura e lingua galega. Tamén queriamos que aparecesen no podcast persoas importantes na súa vida, coma o seu amigo Álvaro Cunqueiro ou a mención especial á súa avoa Dominica. Procuramos, ademais, representar o seu liderado xa

Mesturas. Torre de densidades

Imagen
 

Saída ao Aquarium Finisterrae

Imagen
 Un resumo da saída ao Aquarium no seguinte vídeo:

Día da poesía

Imagen
O pasado martes, 21 de marzo,  celebramos no centro o Día da Poesía. Cada curso recitou un poema, relacionado cos mares e océanos, na radio. Podedes escoitar o programa que gravamos, premendo no seguinte vídeo:

Día de Rosalía

Imagen
 Se temos unha data marcada no calendario escolar, esa é a do Día de Rosalía de Castro. É a nosa escritora máis universal, esencial no Rexurdimento galego e unha feminista do século XIX. Gústanos traballar e investigar sobre ela, cada curso un pouquiño máis.    No seguinte vídeo podedes ver o recital que fixemos no colexio.        Tamén recitamos o seu poema "Miña casiña, meu lar" na radio e fixemos cadanseu "lapbook" sobre a súa vida e obra.