Día das Escritoras
Hoxe conmemórase a VII edición do Día das Escritoras.
Para iso recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara todas elas.
Centrámonos na vida e obra de catro escritoras de distintas épocas: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Canosa e Rosalía Fernández Rial.
Tamén quixemos facerlle unha pequena homenaxe á profesora do noso centro, Rosalía. Para iso lemos o seu poema Nordés Blues, do seu último libro Desnortada.
Comentarios
Publicar un comentario