Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Samaín

Imagen
   Para conmemorar o día máis terrorífico do ano elaboramos cadanseu relato de medo. Despois fixemos un conto grupal relacionándoo co proxecto deste ano: os océanos. Deseguida fomos á radio a darlle voz aos personaxes. Podedes escoitalo premendo no seguinte vídeo: Aquí, un vídeo resumo do día:

Faro de Punta Nariga

Imagen
   Este curso estamos traballando sobre os océanos e todo o relacionado con eles: relevo, fauna, faros, contaminación...     Comezamos investigando sobre un faro que temos bastante preto, o de Punta Nariga. Hugo e Marco foron hoxe gravar á radio o que aprendemos. Preme para escoitalo.  

Día das Escritoras

Imagen
    Hoxe conmemórase a VII edición do Día das Escritoras.    Para iso recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara todas elas.    Centrámonos na vida e obra de catro escritoras de distintas épocas: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Canosa e Rosalía Fernández Rial. Tamén quixemos facerlle unha pequena homenaxe á profesora do noso centro, Rosalía. Para iso lemos o seu poema Nordés Blues, do seu último libro Desnortada.