Para conmemorar o 25 de novembro botamos a vista atrás para coñecer a orixe desta conmemoración. Tamén aprendemos o nome de mulleres que, ao longo da historia, loitaron pola igualdade de xénero como Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Clara Campoamor ou Malala. Entrevistamos na radio á profesora Rosalía . A escritora emprega a literatura, en ocasións, para reivindicar o papel da muller na sociedade, tantos anos á sombra e no esquecemento. Por iso quixemos conversar con ela nunha data tan especial. Ademais, falounos un pouco do seu último poemario que presentou esta mesma semana. Podedes escoitar a entrevista, no seguinte vídeo: Por último, escribimos nunhas pizarras os nosos desexos para acabar coa violencia machista.