Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Samaín

Imagen
O aula de 3º de Primaria está encantada e ocupada por seres terroríficos...   Ademais fixemos relatos arrepiantes  e escoitamos dous contos de Samaín por parte de Silvia.

A muller na pesca

Imagen
 Hoxe recibimos a visita de tres mulleres que traballan en actividades vinculadas á pesca e ao marisqueo: Rita Míguez, mariscadora de Arcade; Ángeles Mile, redeira; e Julia Haz, mariscadora en Cabana e presidenta da Asociación de Mariscadoras Río Anllóns.         Explicáronnos instrumentos e artes de pesca, pero tamén as problemáticas medioambientais e sociais, como o furtivismo, que sofren os ecosistemas mariños.    É moi importante visibilizar ás mulleres profesionais do mar, reforzando o seu empoderamento e recoñecendo a súa aportación ao sector pesqueiro.

Día das Escritoras

Imagen
   Esta semana conmemoramos o Día das Escritoras co fin de visibilizar a obra de escritoras galegas.    En terceiro de primaria centrámonos na historia de Matilde Vilariño, veciña de Borneiro. Coñecemos a sua paixón pola poesía e recitamos algúns dos seus versos. Por fin inauguramos o noso programa de radio: A TERCEIRA REVOLTA

Os volcáns

Imagen
O tema da actualidade levounos a coñecer, na clase de ciencias, un pouco sobre os volcáns.   Falamos do volcán da illa de A Palma e intentamos poñernos, por un momento, na pel dos seus habitantes. Aprendemos por que se producen os volcáns, as súas partes e ata nos atrevemos a facer unha simulación dunha erupción volcánica.